top of page

Unha excursión á cidade de Ourense clausura o programa Coñece o teu país 2025 de Arzúa

As inscricións comezarán mañá, venres día 19 de setembro e cada persoa interesada poderá anotar como máximo a unha acompañante


Ecos da Comarca/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para o vindeiro sábado día 27 de setembro a cuarta e última excursión do programa Coñece o teu país deste ano. Así, de maneira totalmente gratuíta, o Concello ofertou un total de catrocentas corenta prazas e organizou saídas aos municipios de Betanzos, Ribadeo e Catoira rexistrando en todas elas un grande éxito de participación e satisfacción.

ree

Como de costume, no mes de setembro, a provincia ourensá é o destino dun cento de arzuáns e arzuás que este ano coñecerán máis de preto a cidade de Ourense. En concreto realizarase unha visita guiada con acompañamento dunha guía oficial á zona monumental e tamén se visitará o Centro Cultural Marcos Valcárecel. Este edificio do século XIX reconvertido no 1999 en centro cultural, alberga exposicións temporais, biblioteca e unha curiosa colección de miniaturas de trens. O espazo é un excelente exemplo do Modernismo en Ourense. A xornada completarase cun tempo de lecer pola tarde na área termal da cidade.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

As inscricións comezarán mañá, venres día 19 de setembro, e segundo indicacións do Departamento de Cultura, cada persoa interesada poderá anotar como máximo a unha acompañante.


As prazas dispoñibles iranse cubrindo por orde de inscrición. Todas aquelas persoas que desexen apuntarse poden facelo de maneira totalmente gratuíta no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa entre as 8:30 e as 14:00 horas.



PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

 O concelleiro de cultura, José Luís García, agradece “a todas as persoas participantes a súa confianza ano tras ano” nun programa do que di “sentirse moi orgulloso porque tanto impulsa coñecer, valorar e potenciar todo o patrimonio cultural, paisaxístico e histórico de Galicia; como tamén favorece a socialización entre veciñas e vecinos”.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page