top of page

Unha caída dunha moto sáldase cun ferido leve no concello de O Pino

Ecos da Comarca / O Pino

Foto de Arquivo

Onte sobre as 20:10 horas da tarde, produciuse unha caída fortuíta dunha moto na A-54, á altura da saída 84 dirección Santiago de Compostela,. Na mesma só viuse implicada unha moto e dando como resultado un motorista ferido leve.


A voz de alarma deuna un particular que se atopaba circulando pola mesma vía. Foi esta a primeira persoa en prestar auxilio ao motorista. Comentaba na chamada efectuada ao 112 Galicia, que a moto caera de forma fortuíta e que non chocou con ningún coche ou similar.

Desde o 112 Galicia, puxeron estes feitos en coñecemento dos Servizos Sanitarios, Bombeiros de Santiago, Bombeiros de Arzúa, a Garda Civil de tráfico e ao Servizo de Mantemento da Estrada


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page