top of page

Un operario resultou ferido esta mañá tras precipitarse dun andamio no municipio de Arzúa

14 abr 2021
1 min de lectura

Foi evacuado en helicóptero ao centro hospitalario


Laura Moure/Arzúa

Un operario resultou ferido esta mañá no municipio de Arzúa ao caer dun andamio. Moi preto das dez horas, o 112 Galicia recibiu a chamada de alerta dun compañeiro do traballador ferido. No seu relato, solicitaba axuda para o home que caera mentres realizaba unha obra de albañilería nunha granxa de explotación de aves.


De inmediato, desde o 112 Galicia pasouse aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, debido á gravidade das lesións, optaron pola mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago. Así, a aeronave tomou terra preto do lugar dos feitos. Para prestar apoio ao equipo médico, desde o 112 informouse os axentes da Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil de Arzúa.


Cabe mencionar que toda esta información foi proporcionada polo 112 Galicia.


Un helicóptero do 061.

Autor: Sergas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page