top of page

Un operario faleceu no Grove tras sufrir unha descarga eléctrica no interior dunha arqueta

Ecos da Comarca/Xeral

Un operario faleceu no Grove tras sufrir unha descarga eléctrica cando traballaba no interior dunha arqueta. Malia os esforzos por reanimalo, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.

O 112 Galicia tivo constancia deste suceso ás 15:30 horas, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061: un traballador acababa de sufrir unha descarga eléctrica mentres realizaba tarefas dentro dunha arqueta, na Estrada da Lanzada, pertencente á parroquia de San Vicente do Grove.

 PUBLICIDADE

Nese momento, os alertadores confirmaron que o implicado permanecía inconsciente.

Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o seu persoal a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago; a Garda Civil e o Servizo Municipal de Emerxencias do Grove.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Finalmente, confirmouse o falecemento do traballador.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page