Un mozo falece en Touro tras ser atropelado por un autobús
- ecosdacomarca
- 1 ene
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Touro
Unha persoa perdeu a vida tras sufrir o atropelo dun autobús en Touro, tal e como informa o 112 Galicia. O suceso ocorreu sobre as 7:20 horas desta mañá. Trátase dun mozo de 18 anos de Sigüeiro.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente logo de que un particular empregase o número único de emerxencias para informar do ocorrido: un autobús atropelara a unha persoa na rúa de Castelao.
Publicidade

Decontado, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Touro.

Publicidade
Os servizos de emerxencias desprazados ata a zona confirmaron o falecemento da vítima, sen que nada puidesen facer por salvarlle a vida. Os feitos tamén foron postos en coñecemento do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), que prestará apoio aos familiares da vítima.

Comentarios