Arzúa acollerá o 18 de abril un obradoiro de inicación ao Haiku
- Laura Moure

- hace 2 días
- 2 Min. de lectura
O concelleiro de Cultura, José Luís García, convida a practicar a escritura e a composición poética a través desta iniciativa que é necesario inscribirse previamente
Laura Moure/Arzúa
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa continúa cos actos do mes de abril, dentro da nova edición da programación Primavera de cultura que se estenderá ata finais de maio con propostas para todos os públicos. A seguinte proposta chegará o sábado 18 de abril pola mañá cun Obradoiro de iniciación ao Haiku.

O haiku é unha composición poética xaponesa que conecta co presente e axuda a serenar a alma. Trátase dun poema curto, formado por 3 versos de 5, 7 e 5 sílabas respectivamente. O obxectivo deste taller é aprender as ferramentas básicas para esbozar un haiku centrándose na observación e percepción para intentar captar un momento da natureza a través de catro achegamentos: o silencio, a mirada, a palabra e a sinxeleza. Este obradoiro está dirixido a todas as persoas interesadas en iniciarse na creación literaria a través desta composición poética. Non é necesario ter coñecementos previos de poesía.
PUBLICIDADE

Esta actividade estará impartida por Francisca García Jáñez, Doutura en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid na especialidade de Arte e Literatura, escritora, docente e investigadora. Especializada en talleres de poesía xaponesa e minificción. O obradoiro contará cunha parte práctica e outra teórica. A parte teórica desenvolverase na Casa de Correos e a práctica no seu xardín en horario de 11:00 a 13:30 horas.
Toda persoa interesada en participar deberá anotarse presencialmente no Departamento de Cultura, chamando ao 981 500 222 ou escribindo ao correo electrónico cultura@concellodearzua.com dende onte, martes día 7. A inscrición é gratuíta e as prazas limitadas.
Publicidade
O concelleiro de Cultura, José Luís García, anima a participar nesta actividade “pensada para fomentar a creatividade a través da escritura e da poesía, para crear un espazo de exploración, observación e benestar persoal; e para ofrecer unha alternativa cultural diferente”.







Comentarios