top of page

Un motorista ferido leve nun accidente en Melide

Actualizado: 2 jul 2023


Ecos da Comarca/Melide

Este sábado rexistrouse un accidende en Melide no que se viron implicados máis dun vehículo e que se saldou cun motorista ferido.


O suceso ocorreu na estrada AC-840 á altura do quilómetro 45 no lugar de Parafita, na parroquia de Xubial, tal e como informa o 112 Galicia.

O accidente de hoxe. Autor: R.M.

Este foi alertado por un particular ás 18:12 horas. "Indicáronos que fora un accidente entre un coche e unha moto e que o motorista estaba tendido na estrada", informa o 112 Galicia.


Con estes datos deu aviso a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Arzúa, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e a Protección Civil da localidade.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Despois indicáronos que o motorista fora trasladado ao PAC de Melide e que as feridas non revestían gravidade".

Preme na imaxe para contactar connosco.

Persoas alí presentes apuntaron que se queixaba dun ombro. Ademais, sinaláronnos que foron dúas, as motos implicadas no suceso, pero é un dato que non puidemos confirmar de momento.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page