top of page

Un monólogo cómico de Sergio Alba clausura a presente edición de Outono a escena de Arzúa

Será o venres 28 de novembro

Ecos da Comarca/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para este venres a última actuación da programación cultural Outono a escena deste ano que ofertou as fins de semana outonais dos meses de outubro e novembro un total de 14 propostas contando con actuacións de artes escénicas e musicais para todos os públicos. O certame ofrece este venres, 28 de novembro, a derradeira sesión dos chamados Venres na capela que achegan propostas para público adulto. Neste caso contarase co monólogo cómico Dous rombos, pasa para a cama! a cargo de Sergio Alba, artista da Ulloa.

ree

Un show no que o pasado estará moi presente. Un monólogo para botar a vista atrás e reconfortarse na felicidade vivida nas nosas idades máis temperás. Pero o certo é que, ademais de fermosas lembranzas, hai tamén moitas cousas das que quizais non nos sentimos demasiado orgullosos, e que sempre é mellor enfocar desde o punto de vista do humor. Lembraremos entre risas unha época na que pasamos do branco e negro á cor, sen darnos case conta, e que foi abrindo paso pouco a pouco a unha nova forma de ver e vivir a realidade. Para asistir a este show soamente se precisa de gañas de desenchufarse da rutina dixital, e aceptar o reto de rirnos do noso lado máis analóxico.  

  

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A función comezará ás 21:00 horas na Capela da Madanela e será de acceso libre e gratuíto ata completar a capacidade. A apertura de portas realizarase media hora antes do inicio. 

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O concelleiro de cultura, José Luís García, anima “ás veciñas e veciños a participar neste espectáculo e agradece a participación de todas as persoas que se achegaron a algunha función durante o outono”.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page