top of page

Un menor foi atropelado na localidade de O Pino

18 ene 2022
1 min de lectura

O suceso produciuse esta tarde xunto ao pavillón municipal


Ecos da Comarca/O Pino

Foto arquivo.

O 112 Galicia foi alertado por un particular esta tarde, ás 18:28 horas, polo atropelo dun menor na localidade de O Pino. O suceso tivo lugar á altura do pavillón municipal, preto das piscinas.

A persoa que chamou ao 112 Galicia informou que a vítima non estaba atrapada, pero que si precisaba asistencia sanitaria.


Inmediatamente, o Centro Integrado Atención Emerxencias (CIAE) 112 Galicia mobilizou a Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico e tamén informou aos Bombeiros de Santiago de Compostela e Arzúa, aínda que non fixo falta a intervención dos bombeiros.


De momento, non transcederon máis datos.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page