top of page

Un melidense maniféstase diante do Xulgado de Arzúa pola custodia das súas fillas

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Actualizado: 5 jul 2022

Ecos da Comarca/Melide/Arzúa

Juan Carlos Varela veciño da parroquia melidense de Maceda está inmerso nunha loita intensa pola custodia da súas fillas. Por iso hoxe manifestouse diante do Xulgado número 1 de Arzúa para defender os seus dereitos e o das súas pequenas.

O afectado ante o Xulgado.

O seu comunicado íntegro:

"Polo presente escrito quero comunicar a decisión de emprender unha protesta pública e

pacífica diante do Xulgado número 1 de Arzúa, individualmente, en momentos acompañado de membros da Asociación Galega de Pais e Nais Separados ou familiares meus e das miñas fillas. Permanecerei no exterior do edificio do xulgado, situado no número 45 da Rúa Lugo, a partir do día 15 de xuño do 2022, incluído este, cunha pancarta, debido a: Solicitada por min en decembro do 2017 modificación de medidas de familia polo proceso 588/2017, onde solicitaba custodia compartida das miñas fillas menores. Solicitando a súa vez a valoración do equipo psicosocial do Imelga e facéndose dito estudio por parte das profesionais tres anos despois en maio do 2021, emitindo un informe tallante en xuño de 2021 en favor da custodia compartida.


Celebrada a vista o 14 de decembro do 2021 no xulgado de Arzúa, informóuseme que a nai presenta o día anterior unha denuncia instrumental de violencia de género vicaria contra a miña persoa, sendo sobreseída posteriormente. Dictouse sentenza o 23 de decembro do 2021 onde se acordou a custodia compartida das miñas fillas.


Tendo que dar comenzo a este novo réxime de estancias das menores despois das vacacións de Nadal, a nai negouse a cumprir dita sentenza sendo apercibida polo xulgado que podía incurrir en desobediencia grave a autoridade xudicial e presentando esta novamente outra denuncia instrumental de violencia de xénero, sendo novamente sobreseída.

A fiscalía solicitou dedución de testimonio e modificación da garda custodia das menores, debido á constante actitude obstrucionista da nai das menores para cumprir coas medidas acordadas no Xulgado. De maneira incompresible dende o Xulgado de Arzúa, e pasados a día de hoxe case seis meses dende que se ditou a Sentenza, aínda non se executou esta, provocando con esto un deterioro progresivo no desenvolvemento afectivo das nenas e danando gravemente o vínculo paterno filiar.


Logo de enviar diferentes escritos a tódolos organismos do poder xudicial, a Fiscalía Provincial da Coruña por medio do Fiscal Xefe enviou un escrito ao Xulgado onde lle pide que urxentemente que tome as medidas necesarias para restablecer o sistema de garda custodia acordado en Sentenza, tamén o Imelga lle indica o mesmo a Xueza. Resolvendo a súa señoría, que unicamente se me faga entrega das menores por parte do colexio en mércores alternos, podendo estar con elas 3 horas cada 15 días, sin posibilidade tampouco de comunicarme telefonicamente con elas e danando cada día que pasa o vínculo conmigo e co resto da familia paterna.


Ante a situación de desamparo que estou a vivir eu e as miñas fillas e sobre todo polo dano

emocional que se lles está a ocasionar, sendo coaccionadas e manipuladas pola nai, véxome na obriga de tomar esta medida anteriormente exposta, coa fin de que se lle dea urxentemente solución por parte do xulgado".



Cabe mencionar que esta é a versión que dá o proxenitor e que queda por coñecer a da nai das pequenas.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page