Un lume forestal queima 0,17 hectáreas de monte raso na parroquia palense de Orosa
Ecos da Comarca/Palas de Rei
Este luns orixinouse un incendio forestal no municipio de Palas de Rei. Segundo os datos proporcionados pola Consellería de Medio Rural afectou a unhas 0,17 hectáreas de monte raso na parroquia de Orosa.

Comezou ás 22:12 horas e quedou extinguido na madrugada do martes ás 0:37 horas, segundo Medio Rural.
Publicidade
Os medios mobilizados para a súa extinción foron 3 axentes, 3 brigadas, 3 motobombas, ademais de Protección Civil de Palas de Rei. Tamén se desprazou ao lugar a Garda Civil.








Comentarios