top of page

Un lume forestal calcina unhas 120 hectáreas na parroquia palense de Orosa

É o segundo incendio orixinado nesta zona no que levamos de semana


Laura Moure/IsmaelRS/Palas/Melide

Un helicóptero, onte, durante as labores de extinción. Autor: Ecos da Comarca.

Este venres orixinouse un lume forestal que afectou ao Monte do Careón, situado entre os concellos de Melide e Palas de Rei, xa que houbo máis dun foco activo. En concreto, a Consellería de Medio Rural informa que se declarou na parroquia palense de Orosa. Cabe mencionar que esta mesma semana, o luns, produciuse outro lume nesta mesma parroquia.

Onte, segundo os últimos datos de Medio Rural, das 21:00 horas, xa había unha superficie afectada de 80 hectáreas. O lume iniciouse ás 16:21 horas e ata ese momento, mobilizáranse para a súa extinción 3 técnicos, 13 axentes, 14 brigadas, 12 motobombas (entre elas as dos Concellos de Palas de Rei e Melide), 2 pás, 4 avións e 5 helicópteros.


Publicidade

Hoxe, sábado, segundo os datos da Consellería proporcionados ás 10: 00 horas, o lume quedou estabilizado ás 00:02 horas desta madrugada. Segundo as últimas estimacións, afecta a unha superficie de 120 hectáreas. Por agora, mobilizáronse para a súa extinción 3 técnicos, 17 agentes, 19 brigadas, 14 motobombas, 3 palas, 4 avións e 5 helicópteros.


A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de

teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade

delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo,

toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta

aberta de twitter: @incendios085.


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page