O suceso tivo lugar na parroquia de Auga Santas este sábado
Ecos da Comarca/Palas de Rei
Os servizos de emerxencia traballaron esta tarde na extinción dun incendio en dúas vivendas da parroquia de Aguas Santas, no concello de Palas de Rei. O 112 Galicia recibiu o aviso a través da Garda Civil, sobre a unha e media da tarde. Os axentes sinalaban que foran alertados por un particular e que, en principio, non había persoas afectadas.
Así, nada máis coñecer a situación, os xestores do 112 Galicia informaron aos Bombeiros de Chantada, ao GES de Monterroso e a Protección Civil de Palas de Rei.
Ao remate das tarefas de extinción, os membros do GES de Monterroso confirmaron ao 112 Galicia que as vivendas afectadas polo lume estaban deshabitadas e que unha delas quedara completamente calcinada.
Kommentare