Foi a propia dona da vivenda a que alertou ao 112 Galicia
Ecos da Comarca/Antas de Ulla
![](https://static.wixstatic.com/media/0216be_fbd93f38480244ee9b2db3215d7eec80~mv2.jpg/v1/fill/w_980,h_738,al_c,q_85,usm_0.66_1.00_0.01,enc_auto/0216be_fbd93f38480244ee9b2db3215d7eec80~mv2.jpg)
Un incendio calcinou hoxe por completo unha vivenda na parroquia de Santiso, en Antas de Ulla, tal e como informa o 112 Galicia. Este foi alertado ás 13:10 horas pola propia dona da casa que indicaba que no interior non había ninguén.
Nas labores de extinción participaron os bombeiros de Chantada, o GES de Monterroso, axentes da Garda Civil e medios forestais cunha motobomba para colaborar e abastecer de auga aos servizos de emerxencia desprazados. Por desgraza, a vivenda ardeu por completo ao ser de madeira, pero non houbo que lamentar danos persoais e a súa dona atópase en perfecto estado, tal e como sinala o Concello.
O alcalde de Antas de Ulla, Javier Varela, achegouse ata o lugar, onde lle brindou a total colaboración do Concello á propietaria do inmoble. "Dende o Concello agradecemos os traballos realizados polos efectivos no lugar do incendio".
![](https://static.wixstatic.com/media/0216be_0a39753f31f84eb694b2ab6ce823da98~mv2.jpg/v1/fill/w_648,h_870,al_c,q_85,enc_auto/0216be_0a39753f31f84eb694b2ab6ce823da98~mv2.jpg)
Cabe mencionar que non foi o único incendio rexistrado hoxe nas comarcas, xa que despois do mediodía ardía unha campana extractora nunha casa en Vila de Cruces. Poden obter máis información desta nova no seguinte enlace:
Comments