Un incendio provoca danos no andar superior dunha vivenda en Arzúa
Ecos da Comarca/Arzúa

Un incendio deixou danos na planta superior dunha casa situada no lugar das Quintás, en Arzúa, sen que ningunha persoa resultase ferida.
Concretamente, tal e como informa o 112 Galicia, no segundo andar da vivenda, arderon completamente varias habitacións xunto co seu mobiliario, sen que, por agora, se coñezan as causas que provocaron o lume.
Ao fío das doce desta mañá saltou o aviso deste incendio no 112 Galicia. Foi unha persoa particular quen contactou co CIAE-112 Galicia para dar conta do lume. Axiña, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Arzúa, da Policía Local, da Garda Civil e de Protección Civil.








Comentarios