Un incendio en Villamor, no municipio de Toques, calcina unha hectárea de monte raso
Comezou na noite do luns e quedou extinguido esta madrugada
Laura Moure/Toques
A parroquia de Villamor, en Toques, rexistrou un incendio forestal. Tal e como informa a Consellería de Medio Rural o lume comezou ás 22:55 horas deste luns e quedou extinguido ás 3:20 horas deste martes. Ardeu unha hectárea de monte raso.
Nas tarefas de extinción participaron un axente, tres brigadas e dúas motobombas.








Comentarios