top of page

Un incendio afecta a unha casa en Melide

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Melide

Esta tarde orixinouse un incendio nunha casa do casco urbano de Melide. O 112 Galicia foi alertado ás 19:12 horas.

Foto de arquivo.

O 112 Galicia informa que se trata dunha vivenda situada na rúa Progreso, á altura do número 52. "Foi un particular quen contactou con nós para dicirnos que ardía a cheminea dunha casa e que o lume se extendeu ao tellado", sinala o 112. Con estes datos, pasaron aviso aos Bombeiros de Arzúa, á Garda Civil, a Protección Civil da localidade e á Policía Local.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

"Neste momento (19:50 horas) os bombeiros seguen no lugar, pero indicáronos que de momento só se vira afectada a estrutura da cheminea e que hai fume no tellado", subliña o 112.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page