Un home tivo que ser excarcerado tras envorcar o seu coche no Pino
- ecosdacomarca
- 13 mar 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/O Pino
Un home tivo que ser excarcerado tras envorcar o seu coche no Pino. A única persoa que se viu afectada no accidente foi trasladada a bordo do helicóptero medicalizado ata o hospital de referencia.

Preto das 13:30 horas do día de hoxe, o 112 Galicia tivo constancia dun incidente cun coche implicado, o cal quedara envorcado, mentres que o condutor permanecía atrapado no seu interior.
Publicidade
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 solicitouse a intervención dos bombeiros de Arzúa. Xa no lugar do suceso, os efectivos do parque comarcal tiveron que empregar o material de excarceración para poder liberar ao ferido a través do teito do vehículo.
Publicidade
Do mesmo xeito, os bombeiros permaneceron no punto para facer labores de limpeza e recoller restos do accidente que había pola calzada. Pola súa parte, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazou un helicóptero medicalizado para poder trasladar ao ferido.
Desde o 112 Galicia, ademais de aos bombeiros de Arzúa, informouse do suceso aos Bombeiros de Santiago e á Garda Civil de Tráfico.
Comentarios