Un home perdeu a vida ao envorcar o tractor que manexaba nunha leira en Guitiriz
- ecosdacomarca
- 30 oct 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral

Os servizos sanitarios nada puideron facer por salvar a vida do implicado.
Unha familiar do falecido deu o aviso ao 112 Galicia minutos despois das 19:30 horas: este estaba conducindo un tractor nunha leira do lugar da Vacariza, na parroquia guitiricense das Negradas, cando envorcou quedando atrapado debaixo do vehículo.
Publicidade
Decontado, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vilalba, ao GES de Friol-Palas, aos axentes da Garda Civil e aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Guitiriz.
Publicidade
Unha vez no punto, os servizos de emerxencias traballaron para liberar o corpo da persoa, pola que os servizos sanitarios nada puideron facer.
Publicidade
Comments