Un ferido nunha colisión entre dous coches en Lalín
Ecos da Comarca/Lalín
Este martes produciuse un accidente de tráfico na localidade de Lalín. No mesmo víronse implicados dous vehículos. O 112 Galicia foi alertado ás 10:57 horas.

PUBLICIDADE
Tal e como informa Emerxencias Lalín tratouse dunha colisión entre dous coches na Rúa Monte Faro. Unha persoa resultou ferida e foi trasladada polos seus propios medios ao Centro Integrado de Saúde (CIS) de Lalín.
PUBLICIDADE
Ademais de Emerxencias Lalín ata o lugar tamén se desprazou a Policía Local.









Comentarios