Un ferido nun accidente en Melide no que se viron implicados tres coches
- ecosdacomarca

- hace 31 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Na tarde deste venres rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Melide. O 112 Galicia foi alertado escasos minutos despois das seis da tarde.

PUBLICIDADE
Tal e como informa o 112 Galicia o suceso ocorreu no cruce de Santa María e víronse implicados tres vehículos. "Un coche que ía circulando acabou chocando con outros dous que estaban estacionados", sinala o 112.
PUBLICIDADE
Unha persoa resultou ferida e tivo que ser trasladada. Ademais de Urxencias Sanitarias, o 112 tamén deu aviso á Garda Civil de Tráfico.








Comentarios