Ecos da Comarca/Lalín
A parroquia lalinense de Filgueira rexistrou esta mañá un espectacular accidente no que se viu involucrado un único vehículo.
Por razóns que se descoñen o coche saiuse da estrada e acabou impactando contra o muro dunha vivenda, resultando ferido leve o condutor e único ocupante, pero tivo dificultades para saír do vehículo ao quedar encaixado no muro. Foi trasladado en ambulancia a un centro médico.
O propietario da vivenda, que estaba preto do muro por dentro da finca, levou un gran susto cando sentiu o golpe, pero por sorte ninguén da casa sufriu feridas, pero si destaca o "gran ruído que produciu" ao chocar.
Ao lugar desprazáronse o Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) e os bombeiros de Silleda.
O coche accidentado esta mañá en Filgueira.
Autor: Emerxencias Lalín.
Comments