O programa Casamos da Televisión de Galicia filmou as vodas de prata de Isolino e Sonia, veciños do Pino e de Touro
Laura Moure/Touro/O Pino
O programa Casamos da Televisión de Galicia plasma a historia de amor de múltiples parellas. Con elas rimos, con elas emocionámonos e con elas cremos máis no amor. Este martes os protagonistas foron unha parella da comarca de Arzúa: Sonia Rama e Isolino Crego. Ela é veciña do municipio de Touro e el do do Pino. E como moitas outras parellas, a chispa do amor xurdiu na famosa discoteca Dona Dana de Touro.
Aos poucos meses de coñecerse ela quedou embarazada da dúa filla e decidiron casar. Pero tal e como a propia Isolina confesou no programa daquelas non se casou namorada. Pero o día día en parella, pasando bos e malos momentos, convertiunos nun matrimonio inseparable que é feliz cos seus fillos e netos. Así que decidiron celebrar e facer televisiva as súas vodas de prata. A primeira voda reunira a uns 150 convidados, pero esta foi moito máis íntima e moi fermosa e estiveron rodeados dos seus seres queridos.
Ademais, estivo cargada de sorpresas. E xa saben: dunha voda sempre sae outra! E nesta non podía ser menos. O xenro pediulle para casar a súa filla, que por suposto dixo que si!
Que sexades todos moi felices!!
Comments