Ecos da Comarca/Xeral
Un desprendemento obriga aos pasaxeiros dun tren a facer transbordo no medio do traxecto, en Miño. O tren sufriu unha avaría por mor dunhas rochas na vía, sen que houbese que lamentar danos persoais, tal e como informa o 112 Galicia.

Pouco antes das 9:00 horas desta mañá, un particular chamou ao 112 Galicia para alertar polo desprendemento dunhas pedras dunha ponte romana sobre a vía férrea, na parroquia de Perbes. O desprendemento impedía o paso pola vía, sen embargo o tráfico a través da ponte non se viu interrompido.
Publicidade
Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia puxeron os feitos en coñecemento de Adif, empresa responsable da administración de infraestruturas ferroviarias, que xa tiña constancia da incidencia, ademais de informar aos Bombeiros de Betanzos, Garda Civil de Tráfico e Policía Local e Protección Civil de Miño.
Publicidade
Os pasaxeiros do tren tiveron que ser trasladados a outro para continuar coa súa viaxe, mentres que os diferentes medios desprazados ata o lugar estiveron facendo tarefas de limpeza e recollida, así como labores de vixilancia para que ninguén accedese á zona afectada.
Publicidade
Do mesmo xeito, desde Adif informaron de que tamén sería preciso retirar o tren da vía despois de sufrir unha avaría ao impactar contra as pedras que caeran dende a base da ponte.
Comments