top of page

Un condutor pide axuda ao 112 tras envorcar co seu vehículo e quedar atrapado nun desnivel onde ninguén o vía

Ecos da Comarca/Xeral

Un condutor pide axuda ao 112 tras envorcar co seu vehículo e quedar atrapado nun desnivel. Indicou que os coches pasaban, pero ninguén o vía porque estaba nun terraplén uns metros por debaixo da estrada.

ree

A chamada rexistrouse no 112 Galicia pasadas as cinco desta madrugada, cando o implicado saíuse da vía pola marxe dereita tras bater con algún obxecto que había na estrada, concretamente na AC-162, en Ouces, Bergondo.


Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información!

Descoñecía que puido provocar que perdese o control sobre o vehículo e caese por un desnivel, varios metros por debaixo da vía, sen posibilidade de que fose visto por outros condutores.


No relato dos feitos, indicou que era incapaz de saír polos seus propios medios do coche, polo que, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos Bombeiros de Betanzos e dos voluntarios de Protección Civil da localidade.


Publicidade

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Tamén foron informados os axentes da Garda Civil de Tráfico e os equipos de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestructuras para o restablecemento das condicións de seguridade na estrada.


Cando os bombeiros conseguiron liberado, o condutor recibiu os primeiros coidados por parte dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para o seu posterior traslado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page