top of page

Galicia Ilusiona, dirixido por Pedro Bugarín e polo melidense Dani Polo, volve en 2026

hace 8 horas
1 min de lectura

Tras catro edicións, o evento converte a comunidade en referente  da maxia do 20 de novembro ao 13 de decembro


Ecos da Comarca/Melide

O comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, participou este luns na presentación da quinta edición de Galicia Ilusiona, o Festival Mundial de Ilusionismo de Galicia, que volverá converter a comunidade nun referente internacional da maxia durante os meses de novembro e decembro de 2026.

Dirixido por Pedro Bugarín e o melidense Dani Polo, o festival, reunirá a seis artistas internacionais multipremiados: Mago Murphy, Toni Frebourg, An Ha Lim, Didak , Bonjin Koo e Diego @ Elena, que ofrecerán o mellor do ilusionismo en diferentes teatros e auditorios galegos, achegando espectáculos a milleiros de espectadores.

 PUBLICIDADE

A programación das galas Internacionais desenvolverase en oito cidades galegas: A Coruña, Cangas, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Ourense e Santiago de Compostela, entre o 20 de novembro e o 13 de decembro.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Galicia Ilusiona conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia, e consolídase como unha das grandes citas culturais e de entretemento do calendario galego, contribuíndo á promoción de Galicia como destino de referencia para grandes eventos culturais.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page