Un coche incéndiase no municipio do Pino
Ecos da Comarca/O Pino
Esta mañá produciuse un incendio nun coche no concello do Pino. Tal e como informa o 112 Galicia o suceso ocorreu ás 8:40 horas na N-634, en Gradamil, na parroquia de Lardeiros.

O 112 Galicia foi alertado por un particular quen indicaba que os ocupantes xa estaban fóra do coche. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Arzúa e tamén se avisou aos axentes da Garda Civil de Tráfico.
"Os bombeiros indicáronos que ardera o motor do vehículo e que no interior se viran afectados os asentos", indica o 112 Galicia.








Comentarios