Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes
Esta tarde produciuse un accidente en Sobrado dos Monxes. O suceso ocorreu uns minutos antes das 16:30 horas. En concreto, foi unha saída de vía na estrada AC-231, no quilómetro 15, á altura de Cumbraos, tal e como indica o 112 Galicia.

"Foi unha saída de vía e o coche impactou contra un muro. Chamou un particular onde nos indicaba que un dos ocupantes estaba atrapado e outro ferido", sinala o 112 Galicia.
Dende o 112 mobilizaron a Urxencias Sanitarias, aos bombeiros de Arzúa, ao GES de Curtis, á Garda Civil de Tráfico e ao Servizo de Mantemento de Estradas.
"Tempo despois, o GES de Curtis informábanos que non había persoas atrapadas e que os ocupantes xa estaban fóra do vehículo", subliña o 112.
Como consecuencia do accidente, quedou unha mancha de aceite na estrada que tivo que ser limpada para evitar novos incidentes.
Comments