Un coche impacta contra outro que estaba estacionado en Melide
Ecos da Comarca/Melide
Onte, domingo, produciuse un accidente de tráfico na localidade de Melide. O 112 Galicia foi alertado ás 20:21 horas.

PUBLICIDADE
Tal e como informa o 112 Galicia un coche chocou contra outro vehículo que estaba estacionado. Ocorreu na N-547 onde o cruce de Santa María.
PUBLICIDADE
Unha persoa tivo que ser atendida por Urxencias Sanitarias porque se queixaba de dor de peito. Tamén se desprazaron a Garda Civil de Tráfico e o Servizo de Mantemento da Estrada.









Comentarios