O PP de Melide pide información ao goberno local sobre a a Policía Local e sobre o mercado dominical
Ecos da Comarca/Melide
O Partido Popular de Melide vén de iniciar unha nova rolda de preguntas dirixidas ao goberno local do Concello de Melide, na cal pon o foco, entre outras cuestións, na situación da Policía Local e nas taxas aplicadas aos postos do mercado dominical.

A formación popular vén alertando nos últimos meses "acerca do importante déficit de efectivos e a falta de medios da Policía Local, onde nos últimos meses só dous axentes
prestaron servizo de xeito continuado e regular, con varias vacantes sen cubrir".
PUBLICIDADE
Dende o Partido Popular de Melide sinálase novamente "que este é un servizo esencial para o axeitado funcionamento do municipio, que sofre situacións de vandalismo, roubos e
inseguridade de maneira continuada".
Doutra banda, o grupo popular solicita información detallada sobre a recadación e as taxas
municipais cobradas aos postos de venda do mercado dominical, "toda vez que nos exercicios anteriores -2024 e 2025-, apenas se cobraban ditas taxas aos postos instalados". "Agardamos explicacións por parte do Concello de Melide ante esta situación, que se manifesta ademais nunha evidente perda de visitantes e de fortaleza comercial durante a xornada dominical", insisten os populares.
PUBLICIDADE
O Grupo Municipal do Partido Popular de Melide mantense firme no seu compromiso de
seguir fiscalizando a xestión municipal e esixindo solucións reais aos problemas que afectan diariamente aos veciños e ao tecido económico da vila.









Comentarios