top of page

Un coche colisiona contra unha casa no municipio do Pino

Ecos da Comarca/O Pino

Foto de arquivo.

Este xoves produciuse un accidente de tráfico no municipio do Pino que se saldou cunha persoa ferida. No mesmo viuse implicado un único vehículo e sucedeu pasados uns minutos das 18:00 horas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Un coche colisionou contra unha casa na parroquia de Cebreiro, tal e como informa o 112 Galicia, que foi alertado por un particular. O suceso ocorreu na estrada DP 6602 á altura do quilómetro catro.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"A persoa que nos chamou indicounos que saltaran os airbags do vehículo e que a persoa estaba liberada e accesible, que incluso logrou saír polos seus propios medios do coche, pero que si precisaba asistencia sanitaria", indica o 112.


Con estes datos deu aviso a Urxencias Sanitarias e á Garda Civil de Tráfico.

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page