Ecos da Comarca/O Pino
Este luns produciuse un accidente no municipio do Pino. Tratouse, tal e como o 112 Galicia, dunha saída de vía no que o vehículo acabou impactando contra unha farola.

Ocorreu sobre as 14:30 horas na N-634 á altura do lugar de Gradamil na parroquia de Lardeiros.
A condutora, como indicou o 112, atopábase algo aturdida polo que avisaron a Urxencias Sanitarias. Tamén alertaron á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Arzúa e informaron aos de Santiago.
Comments