Un camión acaba envorcado en Corneda, Boimorto
- ecosdacomarca

- hace 3 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Boimorto
Un camión sufríu un accidente nas últimas horas no municipio de Boimorto. Ocorreu na estrada AC-840 á altura do quilómetro 41 na parroquia de Corneda.

O 112 Galicia foi alertado esta madrugada ás 00:40 horas. "Tratouse dun accidente dun camión que acabou envorcado na cuneta e que se saldou sen feridos", sinala o 112 Galicia que mobilizou aos axentes da Garda Civil de Tráfico. "Tempo despois Tráfico indicounos que ese accidente xa ocorrera no día de onte e que estaba agardando un guindastre para retirar o vehículo".
Publicidade
E hoxe, sobre as 13 horas, desprazouse Tráfico para regular a circulación para proceder a retira do camión coa axuda dun guidastre.
Publicidade
Sobre ás 14 horas, operarios de mantemento estaban limpando a estrada.








Comentarios