top of page

Un camión envorca no municipio de Agolada

O suceso ocorreu na estrada provincial Berredo-Brántega á altura da Valiña


Ecos da Comarca/Agolada

ree
Momento da retirada: Autor: Rafael Méndez.

Nas últimas horas rexistrouse un accidende no municipio de Agolada no que se viu afectado un camión que quedou envorcado na cuneta.

ree
Autor: Rafael Méndez.

Ocorreu na estrada provincial EP-3602 Berredo-Brántega á altura do lugar da Valiña. "Foi de noite ao cruzarse cun camión de gando e ao arrimarse, o firme non aguantou e volcou na cuneta", sinala Rafael Méndez, un dos veciños que estivo no lugar. "O chófer saíu ileso e o acompañante dicían que se queixaba algo, pero sin importancia. Isto é o que me comentaron", engade.

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O camión que envorcou de noite é de conservación de estradas e foi retirado por Grúas Lalín Deza sobre as once desta mañá.

ree
O lugar do accidente, tras retirarse o vehículo. Autor: Ecos da Comarca.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page