Un camión en apuros en Prevediños no límite con Foxás, en Touro
- ecosdacomarca
- 18 sept 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Touro

Un camión sufríu un apuro esta tarde no concello de Touro en Prevediños no límite con Foxás. O vehículo de gando, tal e como nos contou unha das persoas alí presentes "ao intentar apartarlle a un coche quedou medio envorcado, entalado na cuneta" e tal como se ve na imaxe. "Foi o coche que non apartou do camión. Foi por esquivar a tajea e o burato do chan que hai alí. Por iso non arrimou, obrigando o camión a arrimar", puntualiza un veciño alí presente.
Publicidade
"Estiveron tres tractores aguantando del", indicounos a persoa que contactou con ECOS DA COMARCA. Con toda a axuda e o esforzo deron sacado o camión que levaba cinco xatos e dúas vacas de despiece, tal e como nos sinala o veciño. O suceso ocorreu sobre as 19:30 horas.
Publicidade
Comments