Un atropelo en Frades remata cunha persoa falecida
Ecos da Comarca/Xeral
Pouco antes das dez desta noite, o 112 Galicia recibiu o aviso sobre o accidente rexistrado na AC-542, en Abellá.
Quen alertou do suceso avanzou que a persoa quedara tendida na vía e parecía non ter constantes vitais.

Pouco despois, o equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou o falecemento da persoa, que fora alcanzada por un vehículo.
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
Ademais dos sanitarios, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos Bombeiros de Ordes, se ben, descartaron actuar debido a que a persoa estaba liberada e accesible.









Comentarios