top of page

Un arzuán, un melidense e un toquense en Eurovisión

Johnatan Carreira, de Arzúa, Martín Aguión, de Melide, Alberto García de Toques, xunto ao seu amigo, Jesús Somoza de Sarria asistiron a este festival da canción celebrado en Italia


Laura Moure/Terra de Melide/Arzúa

Despois de 31 anos, o Festival de Eurovisión, volveu este pasado sábado de novo a Italia, concretamente a Turín. É un certame que se leva celebrando de maneira inenterrumpida dende o 1956. O gañador foi Ucrania, un país que está sendo vítima dunha guerra. O segundo posto foi para Reino Unido e o terceiro, para España. A candidata española Chanel logrou subirse ao podium despois da gran polémica pola votación do xurado no Benidorn Fest no que as grandes favoritas do público foron As Tanxugueiras. Pero volvendo a Eurovisión, os eurofans puideron desfrutar de novo dun festival como este en directo despois da pandemia e entre este público estaban tres veciños das comarcas: Johnatan Carreira, de Arzúa, Martín Aguión, de Melide, Alberto García de Toques, que ademais foron acompañados dun cuarto amigo, Jesús Somoza de Sarria e primo da cantante Lucía Pérez, que representou a España en Eurovisión no 2011.

Somoza, Aguión, García e Carreira ás portas de Eurovisión.

No caso de Johnatan Carreira esta non foi a primeira vez que asistiu a este festival xa que fora tamén a Lisboa xunto a unha prima no ano 2018. "A verdade que nos gustara moito a experiencia. Daquela, estivemos no Jury Final que é 24 horas antes da final na que vota o xurado, pero non conseguiramos entradas para o sábado. Ese día, o sábado, desfrutaramos do evento no Eurovillage, que é o recinto onde todo o mundo eurofan se reúne para ver a final xuntos". Carreira quedouse coas ganas de repetir e os seus outros tres amigos tamén desexaban vivir esta experiencia. Cando coñeceron que finalmente As Tanxugueiras eran unha das candidatas para representar a España tiveron máis que claro que era o momento de intentar desfrutar desta aventura. Estiveron moi pendentes do Benidorn Fest e como unha gran parte do país quedaron decepcionados cando foi elixida, e gracias á votación do xurado, Chanel, a pesar de que as galegas eran as preferidas da cidadanía. "Chanel non era a que nos gustaba nin a que esperabamos que gañara", confesa Carreira. Pero aínda así decidiron intentar facerse coas entradas para asistir ao festival e aí empezaba unha loita para conseguilas.


Carreira explica que as entradas para Eurovisión adoitan saír en varias tandas entre decembro e marzo, pero este ano, por mor da pandemia e sen saber como podía ser o aforo, saíron en abril, e de feito, anunciaron que ía ser a única oportunidade para poder mercalas. "Puxéronse á venta ás dez da mañá e puxémonos coma tolos a intentalo e de feito, para adquirir catro tikects tiñamos 20 dispositivos intentandoo. Entramos as dez cero cero e 30 mil e segundos e xa estaban esgotadas. Cremos que as merca an bots". Pero ao final de abril abriron unha segunda venta e aquí a sorte púxose do seu lado e lográronas mercar por 100 euros. Pero o problema chegou despois coa hospedaxe, que rondaba os 800 euros noite. "Tras a primeira venta de entradas, cremos que houbo moitas cancelacións porque baixou o prezo e puidemos coller un apartamento para catro nas aforas a uns 250 euros a noite", indica Carreira.

Pero todo isto mereceu a pena. "Xa que foi un soño feito realidade", subliña Jesús Somoza, coincidindo cos demais. "Eu sempre tiven moitas ganas de ir a Eurovisión e estar alí foi incrible! Quero destacar o traballo do equipo técnico que é algo que senón estás alí non o ves e en xeral, todo o que hai detrás das cámaras que é a gran potencionalidade de estar alí presente. En canto aos artistas si que nos impactaron e sobre todo, pola maneira de traballar e polo dinamismo", subliña este veciño de Sarria. "Destacar tamén a cantidade de persoas que estabamos alí coas mesmas ganas. Vías xente de Australia, Holanda, Suecia... que sabían cantar a canción de España, de Portugal...e iso fíxonos sentir como máis xente porque o mesmo pásanos a nós que sempre sabemos as cancións de todos os países", confesa Carreira quen explica o público "un 30% eran de Italia, outro 30%, que nos sorprendeu moito, eramos españois, e o resto doutras nacionalidades".


As cancións preferidas

En canto aos temas, entre os preferidos estaban o de España. "Cando sonaba cancións como a de Rumanía que tiña frases en español aquilo era impresionante, vibraba todo, ou coa de Moldavia que tamén era moi movida. Quizais destacamos o traballo a canción de Serbia e a de España. A verdade que nós íamos protanxugueiras, pero o certo é que España fixoo xenial. Das que houbo foi das mellores e merecía ese posto ou mellor, notabase o esforzo e traballo detrás da candidatura. O baile foi espectacular, todos moi coordinados. Por suposto, que nos alegramos de como quedamos e tamén pola representante, pero si que nos gustaría ter vivido a experiencia coas Tanxugueiras", indica o veciño de Arzúa. "A xente cando sonou Suecia, Polonia, Serbia... prestaba moitísima atención e as ovacións eran inmensas. Sen embargo, cando actuou Ucrania non houbo nada especial. De feito, nós que fixemos porras o sábado ao mediodía onde cada un escribimos o noso top ten, ningún meteu a Ucrania. Por iso estamos un pouco desilusionados porque ganase esa candidatura só por cuestións políticas porque se supón que Eurovisión significa música e espectáculo e neste caso, venceu a política. E certo que eurovision xurdiu tras a guerra e con fin de unir os pobos, pero cremos que non estaría de máis facer un guiño a Ucrania dalgunha maneira, pero non facela gañar e ademais non só a fixo gañar o televoto senón que o xurado non a deixou quedar nada mal", considera Carreira.


A pesar do resultado final, que non foi o que desexaban os eurofans, sen dúbida, esta foi unha gran experiencia para Johnatan Carreira, Martín Aguión, Alberto García e Jesús Somoza que de seguro gardarán nun lugar moi especial do seu baúl dos recordos.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page