top of page

Aberta a inscrición para a terceira edición de O Pino Aventura, que será o 11 de maio en Ferreiros

Poden participar adultos e rapazada a partir de 8 anos en equipos de 2 a 5 membros


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino abriu o prazo de inscrición para a terceira edición de O Pino Aventura, unha actividade destinada a fomentar o espírito de equipo, o exercicio físico e o coñecemento do territorio. Esta proposta, deseñada para adultos e rapazada a partir de 8 anos, está organizada polo Concello en colaboración con Territorio Comanche, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.

O evento terá lugar o sábado 11 de maio, cunha saída prevista ás 10:30 horas desde a igrexa de San Verísimo de Ferreiros. Os participantes, organizados en grupos de entre 2 e 5 persoas, deberán orientarse cun mapa e ir superando diversas probas físicas e de coñecemento para conseguir o máximo número de puntos posibles, nun xogo de estratexia no que o traballo en equipo é fundamental para acadar o éxito.


O Pino Aventura contempla dúas categorías: Pequen@s Piñeir@s, reservada para os grupos nos que haxa, polo menos, un menor de 12 anos; e Explorador@s Piñeir@s para os equipos nos que todos os seus membros sexan maiores desa idade.


Publicidade

Para formalizar a inscrición, as persoas interesadas deberán facelo antes do venres 10 de

maio ás 12:00 horas, contactando co número de teléfono 981 51 10 65 ou enviando un correo electrónico a cultura@opino.gal. Ademais, a ficha de inscrición está dispoñible para

descarga nesta ligazón: https://acortar.link/a3v1KZ


Alén diso, é importante lembrar que cada equipo deberá proporcionar os seguintes datos:

nome do equipo, teléfono de contacto e nome completo con data de nacemento de cada

integrante. No caso de menores de idade, será necesaria unha autorización do pai, nai ou

titor/a.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page