top of page

Unha persoa foi trasladada logo dun accidente laboral en Melide

Ecos da Comarca/Melide

Unha persoa foi trasladada logo dun accidente laboral en Melide, tal e como informa o 112 Galicia. Este recibiu o aviso do accidente a través do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 cando estaban a piques de ser as 10:00 horas desta mañá. Segundo indicaron, o traballador sufríu unha caída desde unha escaleira precipitándose desde unha altura de dous metros de altura.

Ademais das urxencias sanitarias, tamén tiveron coñecemento do suceso a Garda Civil da Coruña, Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Melide, mediante os xestores do 112 Galicia.


Publicidade

Desde o parque empresarial da Madanela, en Furelos, lugar onde tivo lugar o accidente, informaron os membros de Protección Civil de que a persoa tivera que ser trasladada ao ter unha posible fractura de nocello a causa da caída.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page