Un accidente no Pino no que se viron implicados tres vehículos sáldase cun ferido
- ecosdacomarca

- 1 jun
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/O Pino
Este luns rexistrouse un accidente de tráfico na localidade do Pino. O suceso, tal e como informa o 112 Galicia, ocorreu na Avenida de Lugo, no Pedrouzo, á altura do número 34. O 112 foi alertado ás 13:30 horas.

PUBLICIDADE
Tratouse dun accidente no que se viron implicados tres vehículos. Dous colisionaron e acabaron afectando a un terceiro que estaba estacionado.
PUBLICIDADE
Unha persoa resultou ferida. Foron mobilizados Urxencias Sanitarias e a Garda Civil de Tráfico.








Comentarios