Un accidente na autopista deriva nun segundo sinistro cunha persoa atropelada
- ecosdacomarca

- 2 dic
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Un accidente na AP-9, en Culleredo, deriva nun segundo cunha persoa atropelada. Da primeira colisión formouse unha retención e un segundo accidente con dous coches implicados e unha persoa atropelada.

Os axentes da Garda Civil de Tráfico solicitaron asistencia sanitaria para este segundo ferido, pois presentaba lesións importantes.
Deste xeito, sucederon dous accidentes practicamente contiguos na AP-9, ao paso polo concello de Culleredo, en sentido á cidade da Coruña.
Publicidade
Segundo explicaron os axentes de seguridade a través do 112 Galicia, produciuse primeiro un sinistro para o que foi necesaria a intervención sanitaria e, posteriormente, no medio da retención, tivo lugar un segundo accidente, onde unha persoa foi atropelada. Atopábase fóra do vehículo cando foi alcanzada por un segundo e quedou no medio de ambos os dous.
Publicidade
Con todo, estaba liberada e accesible, por tanto, descartouse a intervención dos bombeiros, pero si tiña feridas importantes, polo que Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tivo que mobilizar unha segundo dotación.
Pasaban das 16:30 horas cando foron rexistrados estes dous accidentes, dos que alertaron os propios axentes da Garda Civil de Tráfico.








Comentarios