top of page

Un accidente entre un coche e unha furgoneta termina cunha persoa falecida

Ecos da Comarca/Xeral

Quen alertou ao 112 Galicia foi o acompañante da vítima. A súa chamada atendeuse na central minutos despois das dez desta noite. Explicou que o vehículo no que viaxaban saírase da vía na OU-1205, en Porqueirós, Muíños. Tamén detallou o estado delicado no que se atopaba o acompañante.

Foto do sinistro. Fonte: Garda Civil
Foto do sinistro. Fonte: Garda Civil

Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos membros do GES de Muíños, pois a vítima estaba, ademais, atrapada dentro do vehículo.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Cando foi liberado, recibiu atención médica, pero nada puideron facer para salvarlle a vida. En canto ao alertador, o outro ocupante do turismo, sufriu lesións leves. O operativo completouse cos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

ACTUALIZACIÓN. En base aos últimos datos recollidos no 112 Galicia, os medios confirmaron desde o punto que se tratou dun accidente con dous vehículos implicados, un coche e unha furgoneta: no turismo do que inicialmente se pensaba que se saíra da vía viaxaba a persoa que acabou falecendo e que foi excarcerada, mentres que o condutor da furgoneta foi evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Ademais, un familiar da falecida que se desprazou ata o lugar tralo sinistro acabou falecendo tamén tras sufrir unha indisposición. Malia os esforzos por reanimalo, os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu pasamento.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page