top of page

Un accidente entre un autobús de liña e un turismo sáldase cunha muller excarcerada en Silleda

IsmaelRS/Silleda

Accidente de hoxe en Silleda. Fonte: Bombeiros de Deza - Tabeirós

Esta mañá sobre as 9.20 horas produciuse unha colisión entre un autobús de liña e un turismo na N-525, a saída de Silleda dirección Santiago, no punto quilométrico 305.


A voz de alarma deuna un dos ocupantes do autobús, que solicitaba asistencia para os ocupantes do turismo, xa que todos os pasaxeiros do autobús estaban ao parecer en bo estado. No autobús viaxaban un total de 18 persoas, incluído o condutor, trátase da liña que cobre o percorrido entre Lalín e Santiago de Compostela.


A peor parte do accidente recibiuna a condutora de turismo, xa que foi necesaria a súa excarceración porque tiña un dos brazos rotos, segundo indicaron os Bombeiros de Deza o 112 Galicia.


Con estes datos, o 112 Galicia pon en coñecemento dos feitos os Servizos de Sanitarios, os Bombeiros de Deza - Tabeirós, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e o Servizo de Mantemento de Estradas.



Como consecuencia do sinistro produciuse unha vertedura de combustible na vía, que nestes momentos está en proceso de limpeza e que está a provocar unha importante retención, segundo informou o 112 Galicia a este medio.


Arredor do mediodía, os Bombeiros confirmaron ao 112 Galicia que remataran as tarefas de limpeza da mancha de combustible. Esta, que se estendía ao longo de 400 metros, os obrigara a empregar un camión bomba, a fin de restablecer o estado normal do tráfico no menor tempo posible.

Accidente de hoxe en Silleda. Fonte: Bombeiros de Deza - Tabeirós

































0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page