top of page

Un accidente entre seis vehículos sáldase cun único ferido en Oroso

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

O suceso tivo lugar minutos despois das 20:30 horas da tarde de onte. Segundo os particulares que contactaron co 112 Galicia, varios coches víronse implicados nun accidente no quilómetro 54 da AP-9, con posibles feridos. A vítima era de carácter leve.

Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia solicitouse a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 por mor dos afectados, así como da Garda Civil de Tráfico e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Oroso.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Logo de que os diferentes medios acudisen á zona, confirmaron que había un total de seis turismos implicados, cun único ferido e de carácter leve. Cómpre mencionar que foi preciso cortar a circulación pola estrada durante a intervención.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

댓글


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page