Evacuada unha persoa en helicóptero tras quedar atrapada polo tractor en Ordes
- ecosdacomarca

- 7 abr
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Evacuada unha persoa en helicóptero tras quedar atrapada polo tractor en Ordes. Non foi preciso excarcerar.

O 112 Galicia foi coñecedor deste incidente arredor das 18:30 horas. Segundo indicou un particular, unha persoa quedara coa perna atrapada polo tractor, no lugar de Froxil, en Ardemil.
PUBLICIDADE

Rapidamente, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata o punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago.
Tamén acudiron ata o puntos os bombeiros de Ordes, aínda que cando chegaron a vítima xa fora liberada por uns particulares. O ferido foi finalmente trasladado a bordo do helicóptero.
Publicidade
Cómpre mencionar que neste operativo tamén participou a Garda Civil e a Policía Local.







Comentarios