Un accidente de furgoneta sáldase cunha persoa ferida e atrapada, no concello de Lalín
- IsmaelRS

- 8 jul 2022
- 1 Min. de lectura
IsmaelRS/Lalín

Esta mañá, sobre as 6.50 horas, produciuse un accidente na N-525 ao seu paso pola parroquia de Catasós no concello de Lalín.
Nela só se viu implicada unha furgoneta, que polo golpe deixou atrapado ao seu condutor, os bombeiros non precisaron utilizar os equipos de extracción, posto que conseguiron sacalo por unha das ventás do propio vehículo, tal e como comenta o 112 Galicia.
A voz de alarma derona os axentes da Garda Civil de Tráfico que pasaban polo lugar, os cales se puxeron en contacto co 112 Galicia para informar do ocorrido. O 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos Servizos Sanitarios, dos Bombeiros da Deza-Tabeirós, da Policía Local e do GES de Lalín.







Comentarios