top of page

Ulloa Viva traslada aos partidos no Congreso "a preocupación e o rexeitamento social contra a celulosa de Altri"

20 may 2024
4 min de lectura

A plataforma reuniráse mañá en Madrid cos voceiros de Industria dos grupos parlamentarios


Laura Moure/Xeral

A Plataforma Ulloa Viva viaxa mañá 21 de maio a Madrid para manter no Congreso dos Deputados reunións cos voceiros en materia de Industria dos principais partidos representados na Cámara Baixa. A presidenta da Plataforma, Marta Gontá, a presidenta das mariscadoras a pé de Carril, María Porto, e a produtora de carne ecolóxica galega de Traloagro (Friol), Isabelle Gómez, trasladarán a todos os partidos no Congreso os informes elaborados por expertos en distintos eidos que acreditan que ·o proxecto da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei atenta contra o corazón de Galicia, poñendo en perigo o seu modelo socioecómico, o medio ambiente, a cultura e calidade de vida e benestar dos veciños da Ulloa, o Deza, Terra de Melide e Arzúa".

Marta Gontá, voceira da Plataforma Ulloa Viva.

A presidenta da Plataforma, Marta Gontá, explica que as reunións deste martes teñen o obxectivo de “trasladar e explicar aos grupos parlamentarios a preocupación que hai no

territorio e o rexeitamento social” fronte ao proxecto da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei. Gontá asegura que Ulloa Viva deixará clara en Madrid a postura contraria a “este modelo socioeconómico que racha co que estamos creando entre todos no corazón de

Galicia”. A mensaxe aos grupos no Congreso será “clara” e a delegación de Ulloa Viva

aproveitará ademáis para pedirlles explicacións aos gobernos sobre “por que se reúnen con Altri e Greenalia e non cos veciños e veciñas que viven e coidan desta contorna”.


A Plaraforma Ulloa Viva transmitirá aos deputados e deputadas no Congreso que “non lles

imos permitir que nos impoñan pola forza unha industria que rompe co noso tecido socioeconómico e a nosa maneira de vivir”.


Sector primario

Na delegación da Plataforma Ulloa Viva está Isabelle Goméz, produtora de gandeiría bovina e avícola en ecolóxico, transformadora de carnes tamén en ecolóxico e comercializadora. É ademáis a presidenta da Asociación Galega de Pastos e Forraxes. Isabelle Gómez quere “poñer en valor” no Congreso a actividade agrogandeira “que xa existe na zona, temos un rural vivo que xenera economía circular, produtos de calidade,

cun entorno coidado”. Gómez alertará en Madrid de que a macrocelulosa que Altri proxecta en Palas de Rei suporá, entre outros problemas “unha elevada competencia pola terra pola demanda de eucalipto, dúbidas arredor do futuro das produccións en ecolóxico na contorna e un impacto ambiental pola contaminación de Altri”. Con datos sobre a mesa, Isabelle Gómez explicará aos deputados en Madrid que “o impacto medioambiental e agroecolóxico desta macrocelulosa é brutal. Deixarán claro ademais que “non estamos en contra das industrias, pero doutro tipo de industrias que manteñan a actividade do sector primario ou do Camiño de Santiago que xa están funcionando na zona”.


Ría de Arousa

A presidenta das mariscadoras de Carril, María Porto, explicará no Congreso a importancia do sector do mar, e da Ría de Arousa en particular, destacando que o sector xenera un 1,33% do total da produción da economía galega e perto do 33% do valor engadido xerado no sector do mar en todo o país. Porto tamén incidirá en que os empregos directos e indirectos do sector afecta a milleiros de familias, incidindo tamén o valor social dun sector transversal “si a nós nos vai ben tamén consumimos e incentivamos a economía local, un tecido de negocios que se nutren uns aos outros”.


María Porto defenderá en Madrid a “entidade propia” que a actividade marisqueira ten mesmo no turismo arousán. “Altri nos vai a perxudicar primeiro pola detracción no caudal

do Ulla que xa ten un problema de contaminación e engadindo a ausencia do vento do

nordés e a menor dilución da contaminación polo consumo da macrocelulosa, fará máis

dano. Non podemos engadir máis problemas a unha ría xa debilitada”. Porto incidirá diante

dos partidos no Congreso na captación de auga que pide Altri “unha burrada” que suporá

ademais un problema porque “moitos veciños beben do Ulla e non podemos permitir que

unha planta desas características se sitúe nin en Palas nin en ningún sitio de Galicia”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As voceiras da plataforma entregaron no Congreso aos distintos grupos políticos informes arredor do impacto medioambiental do Proxecto Gama na zona en que Altri pretende instalar esta macrocelulosa; os efectos sobre o Camiño de Santiago (a menos de 2,5 quilómetros da fábrica segundo os datos do Sixpac da Xunta de Galicia) e a súa consideración coma Patrimonio da Humanidade, e o impacto no sistema forestal galego

pola elevada demanda de eucaliptos desta celulosa, 1,2 millóns de toneladas ao ano

segundo recoñece a propia empresa no seu Estudo de Impacto Ambiental e proxecto,

actualmente en periodo de estudo das 25.000 alegacións en contra que recibíu ata o

pasado 17 de abril, o maior número de alegacións rexistrado a un proxecto industrial na

historia de Galicia.


Axenda das reunións

Ás 10:30 horas do martes 21, as tres representantes da plataforma estarán coa deputada do PNV Idoia Sagastizába e 11:15 con Óskar Matute (Bildu). Ás 13 horas a reunión será cos deputados de Sumar Manuel Lago e Verónica Martínez Barbero. Mentres estarán ás 14:00 horas con Noemí Santana (Podemos, Grupo Mixto) e ás 15:00 horas con Francisco Conde (PP). Ás 16 horas Ulloa Viva reuniráse no Congreso co deputado do BNG Néstor Rego. Ás 17:00 a reunión será con ERC, coa deputada Inés Granollers i Cunillera. Ás 17:30 horas manterán un encontro coas deputadas socialistas Adriana Maldonado e Patricia Otero. E por último, ás 19:00 horas con Josep María Cervera Pinart (Junts).


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page