top of page

Ulloa Viva convoca a primeira manifestación contra Altri para o 26 de maio en Palas de Rei

Tres voceiras reuníronse onte no Parlamento con representantes de todos os grupos políticos


Laura Moure/A Ulloa

A Plataforma Ulloa Viva anuncia a convocatoria dunha manifestación en Palas de Rei contra a macrocelulosa que Altri quere instalar no corazón de Galicia. Logo de rematar o periodo de alegacións á exposición pública do proxecto o pasado 17 de abril, a voceira Marta Gontá agradeceu o feito de ter presentado “o número de alegacións maior a un proxecto na historia de Galicia”. Logo desta contestación social a Plataforma vén de convocar a primeira manifestación en contra do proxecto de Altri, que terá lugar o vindeiro 26 de maio en Palas de Rei.


A Plataforma Ulloa Viva asistíu onte no Parlamento de Galicia ao debate dunha interpelación do deputado do BNG Luís Bará á conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, sobre o proxecto de Altri de instalar unha macrocelulosa en Palas de Rei. Marta Gontá, Zeltia Laya e Mónica Cea aproveitaron a invitación do BNG a esta sesión plenaria do Pazo do Hórreo para manter encontros cos distintos grupos parlamentarios galegos e entregarlles un documento respecto do impacto ambiental, social e económico do proxecto de Altri.

Reunións no Parlamento

No BNG foi a voceira nacional, Ana Pontón, xunto coa voceira suplente, Olalla Rodil, os que mantiveron a reunión coa Plataforma Ulloa Viva. Dende o BNG destacaron no encontro o seu apoio ás reivindicacións da Plataforma, e puxeron sobre da mesa distintas iniciativas que os seus voceiros van a levar a cabo na Galiza e en Madrid a respecto do proxecto desta celulosa.


A deputada socialista Patricia Iglesias recibíu ás tres voceiras de Ulloa Viva en nome do Grupo Parlamentario do PSdeG. No encontro coa plataforma o PSdeG aseguraron que o partido está “moi vixiante” sobre o proxecto da celulosa de Altri en Palas, insistiroademais no PSdeG en que, de concederse os fondos do PERTE da descarbonización a Altri estes quedarían esgotados e hai moitos outros proxectos desbotados por factores medioambientais negativos.


Publicidade

Tamén o PP respostou á petición de Ulloa Viva, e finalmente a voceira suplente Cristina Sanz e o deputado Gonzalo Trenor mantiveron un encontro coa Plataforma. Nesta reunión os deputados populares aseguraron que esixirán que o proxecto cumpra con toda a lexislación de indicaron que serán os técnicos da Xunta de Galicia os que decidirán ao respecto.


A rolda de contactos rematou co deputado do Grupo Mixto, Armando Ojea, membro de Democracia Ourensana, que recoñeceu coñecer o proxecto fai moito tempo e amosou a súa posición contraria ao respecto. De feito Ojea explicou ás voceiras da plataforma que mesmo visitou a zona afectada e asegurou que calquera iniciativa ao respecto no Parlamento galego vai contar co voto en contra do Grupo Mixto.


Logo de escoitar no Parlamento galego á conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, a respecto do proxecto de Altri, a Plataforma Ulloa Viva fica “moi preocupada” ao escoitarlle á responsable do Proxecto Gama, a exposición pública do mesmo e das alegacións presentadas que “nin os meus técnicos son capaces de examinar un proxecto coma este con 8.500 páxinas”. Ulloa Viva considera estas palabras de Lorenzana “un menosprezo e poñer en dúbida a capacidade de técnicos da administración pública que son os que teñen que velar polo cumprimento da legalidade dun proxecto que se quere implantar en Galicia”.


Segundo explicou Marta Gontá, “nos di que esteamos tranquilos, que o proxecto ten que cumprir a legalidade, e ao mesmo tempo nos di que os técnicos non son quen de examinalo todo”.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page