top of page

Ulloa Viva chama en Arzúa a participar en Santiago na “manifestación histórica” do 15 de decembro

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O catedrático Xosé Manuel Santos e o enxeñeiro de Montes Eduardo Corbelle advirten dos impactos do proxecto de Altri


Laura Moure/Arzúa

A presidenta da Plataforma Ulloa Viva, Marta Gontá, fixo o pasado mércores desde Arzúa un chamamento á participación masiva na “histórica manifestación” convocada contra o proxecto da macrocelulosa de Altri o vindeiro 15 de decembro en Compostela. Nunha charla coloquio organizada polo colectivo Arzúa Viva da Plataforma Ulloa Viva, Gontá explicou o camiño percorrido pola veciñanza das comarcas da Ulloa, O Deza, Terra de Melide e Arzúa nos últimos meses contra o proxecto da multinacional Portuguesa de instalar en Palas de Rei a que sería a maior fábrica de celulosa soluble de Europa e a cuarta máis grande en todo o mundo.


Nunha charla informativa organizada na Capela da Madanela por Arzúa Viva, a presidenta da Plataforma comparteu palestra co enxeñeiro de Montes da USC Eduardo Corbelle e o

catedrático de Xeografía Humana da USC Xosé Manuel Santos Solla, coautores do informe

sobre o os impactos do Proxecto Gama presentado o pasado mes de setembro polo Consello da Cultura Galega. Marta Gontá agradeceulles “a todos” os expertos que participaron neste informe o seu traballo en nome da Plataforma, e destacou que “as

veciñas e veciños sí que leemos e valoramos e agradecemos o voso traballo, porque á

veciñanza da Ulloa, o Deza, Terras de Melide e Arzúa vainos a vida, o futuro e a saúde

nesto”.

Marta Gontá repasou o percorrido da contestación social arredor da Plataforma Ulloa Viva no último ano, destacando fitos coma a manifestación de máis de 20.000 persoas en Palas de Rei o 26 de maio, os 300 barcos na Ría de Arousa contra Altri un mes despois e as

30.000 persoas arrrodeando San Caetano o 30 de xuño. Referiuse tamén á campaña en

marcha para contestar aos requerimentos da Xunta de Galicia contra as 23.000 alegacións

presentadas contra o proxecto de Altri en Palas de Rei. Asegurou que “a Xunta ten que ter

claro que non pode tirar ao lixo ningunha alegación” e asegurou que desde a Plataforma “seguiremos loitando para que ao goberno do señor Rueda non lle quede máis remedio que dar a cara e dunha vez por todas escoitar aos cidadáns en vez de servir aos intereses

dunha multinacional portuguesa”.


Desde Ulloa Viva Marta Gontá deixou claro que “seguiremos na loita dicindo alto e claro que non hai trato. Altri non se vai instalar, chegaremos até onde faga falta e chegará o día en que o señor Rueda e o seu goberno nos terán que pedir perdón por non ter estado do noso lado fronte a semellante ameaza”.


Os impactos na eucaliptización e o Camiño de Santiago

En Arzúa estivo tamén Eduardo Corbelle, enxeñeiro de Montes da Universidade de Santiago (USC), premio extraordinario de Doutorado e membro do Laboratorio do Territorio da USC. Tal e coma escribiu no seu informe para o CCG, Corbelle explicou en Arzúa que o mercado do eucalipto non é galego, español nin ibérico. Segundo dixo en toda a Península

prodúcense unhas 14 millóns de toneladas de eucalipto e as industrias (Ence Pontevedra,

Ence Navia e as fábricas de Altri e Navigator en Portugal.) consumen esa mesma cifra ao

ano. Este dato desmonta os argumentos de Xunta e Altri de que a macrocelulosa de Palas

non precisaría máis plantacións de eucalipto.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Diante desta situación, segundo explicou Corbelle, só hai dúas alternativas, importar madeira de Sudamérica ou ben plantar máis eucalipto en Galicia. O profesor doutor do

Departamento de Enxeñería Agroforestal da USC foi claro “non sería posible abastecer a

nova fábrica sen incrementar a área ocupada por plantacións de eucalipto en Galicia (entre 80.000 e 90.000 hectáreas adicionais fronte ás 409.000 actuais”. Co que, segundo os seus cálculos suporía aumentar un 20% a superficie de eucaliptal en Galicia para alimentar á fábrica de celulosa de Altri-Greenalia en Palas de Rei.


O Camiño de Santiago sería outro dos fortes impactos directos sobre a zona na que Altri planea instalarse. En Arzúa o catedrático de Xeografía Humana da USC, Xosé Manuel

Santos, explicou tal e coma fixo no informe que lle encargou o CCG, que o Camiño de

Santiago inevitablemente sufriría os impactos da instalación desta industria. “Para comezar

suporía “un cambio no modelo territorial, que pasaría de ser agrogandeiro a un modelo

industrial”. Santos Solla recoñeceu que a macrocelulosa poría en risco a consideración do

Camiño coma Patrimonio da Humanidade da Unesco e defendeu a postura de Icomos (o

organismo internacional que asesora á Unesco) de facer “unha avaliación máis profunda e

independente”.


“Todo o que está no proxecto de Altri implica un cambio territorial importante e non se entende como un proxecto así non é obxecto dunha avaliación máis independente, e non

deixalo todo en mans da empresa interesada ou dun goberno que da por bo o que dí a

empresa”. Santos Solla destacou que por esta zona do Camiño francés pasan cada ano

arredor de 300.000 peregrinos, e asegurou que os cambios que suporía a macrocelulosa de Altri no territorio irían contra a Lei da Paisaxe galega e o Catálogo da Paisaxe, que consideran os polígonos industriais “paisaxes alteradas” e recoñecen especificamente o

valor paisaxístico, natural e patrimonial do corazón de Galicia.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page