top of page

UCIN Galicia esixe solución inmediata ante a falta de servizos de emerxencia na comarca de Arzúa

Ecos da Comarca/Arzúa

A Unión de Cidadáns Independentes de Galicia (UCIN Galicia), a través do seu

coordinador José Luis Calo, manifesta a súa máxima preocupación ante a situación

insostible xerada pola falta de cobertura dos servizos de emerxencia en varios concellos

da comarca de Arzúa. Lembra que o mércores, os Bombeiros de Arzúa anunciaron que non dispoñían de servizo operativo, deixando aos cidadáns sen protección fronte a posibles incidentes ou accidentes.

ree

UCIN Galicia denuncia que a Xunta de Galicia, así como as administracións competentes, "están deixando en total abandono a servizos esenciales como bombeiros, policías e outros equipos de emerxencia. A falta de persoal e recursos materiais incrementa o risco para a poboación, situación que non pode prolongarse máis".


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

José Luis Calo, coordinador de UCIN Galicia, sinala: "É inaceptable que, mentres se inviste diñeiro en asesores e cargos de confianza, os servizos básicos para protexer á cidadanía estean completamente desatendidos. Esiximos á Xunta de Galicia e ás administracións responsables que tomen medidas inmediatas para garantir que os servizos de emerxencia contan con todo o persoal e medios necesarios."


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

UCIN Galicia reitera a súa chamada á responsabilidade das administracións públicas e ínstaas a actuar de inmediato para evitar consecuencias que poidan derivar en perdas

humanas ou materiais.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page